top of page

Artefactos dun Inventario Transcultural son manifestacións tanxibles e dixitais que emerxen do territorio conceptual Rotas do Contrabando Cultural https://www.labirintoonirico.art/gl/rotasdocontrabandocultural

Cada artefacto funciona como un punto de memoria activado, unha síntese artística e poética que condensa séculos de tránsito entre a Galiza, o Brasil e o universo dixital.

Este inventario non é unha colección estática de obxectos do pasado; é un catálogo vivo de actualizacións. Son dispositivos creados para procesar cargas históricas e obxectos atopados en derivas e “devolvelos” ao mundo baixo novas formas — código, son, imaxes xerativas audiovisuais e rexistros en blockchain.

Inventario como Proceso

A creación destes artefactos parte dunha metodoloxía de arqueoloxía tecnolóxica e afectiva. Paloma Klisys opera sobre o "magma poético" da súa linhaxe matriarcal, extraendo elementos — ritmos, fonemas, patróns visuais e narrativas orais — para sometelos a procesos de transformacións e actualizacións contemporáneas.

O inventario organízase en tres piares fundamentais:

  • Recuperación: O rescate de fragmentos de memorias que resisten ao apagamento.

  • Descoberta: O encontro fortuito entre a tradición oral, o azar dos encontros e o rigor dos algoritmos.

  • Invención: A produción de novos rexistros que pasan a existir como elementos inéditos para as futuras xeracións.

 

Artefacto I

O Artefacto I inaugura este inventario como unha obra-síntese.

Representa o primeiro xesto artístico dunha estirpe que, ata o de agora, gardaba as súas memorias apenas no corpo e na voz, moitas veces sen rexistro ningún.

Ao converter esa “herdanza” en arte xerativa e audiovisual, os artefactos establecen pontes entre o pasado e o presente, proxectando novas posibilidades de ollar para as construcións de futuros posibles e novas filosofías de interacción e convivencia.

Permanencia e Fluxo

 

En diálogo coas tecnoloxías de rexistro descentralizado, algúns destes artefactos exploran o concepto de permanencia dixital.

Ao utilizar ferramentas como a blockchain, a artista garante que estas “memorias”, adulteradas poeticamente e contrabandeadas a través dos séculos, atopen un novo tipo de territorio que pode operar fóra dos controis centralizados de lexitimación cultural, alimentando devires decoloniais en procesos creativos e de investigación transdisciplinar.

Artefactos
dun Inventario Transcultural

No vídeo, un fragmento de experimento para a construción dunha peza de arte interactiva que utiliza procesos xerativos, operando nos entrecruzamentos entre intelixencia orgánica e programación con software libre.

Á dereita, a máscara de expresión enigmática recibida en Cuba en marzo de 2001, poucos meses antes do 11 de setembro e a subsecuente reconfiguración da hexemonía global. Á esquerda, a Cunca —cerámica recollida na Galiza en 2014, durante unha viaxe de reconexión ancestral, pouco antes da consolidación da inmensa fractura institucional brasileira.

A Cunca, alén da súa natureza artesanal, é un recipiente de rito vernacular proxectado para o abastecemento e reabastecemento constante de petiscos e/ou de viño nas tabernas galegas, servindo como un dispositivo de convivencia e fluxo colectivo.

Edición 2026: Artefactos de um Inventário Transcultural

Artefactos de um Inventário Transcultural preséntase en 2026 como unha serie limitada de 11 obras. Con lanzamentos mensuais entre febreiro e decembro, a colección consolida un conxunto de rexistros que conectan derivas en territorios galegos, brasileiros e xeografías de tránsito á permanencia dixital.

Cada obra integrante do catálogo nace do encontro con obxectos en deriva, que atravesan un proceso de investigación e composición artística. Neles, a singularidade do achado é convertida en estrutura visual, onde a intervención da artista codifica o rastro de vivencias em sistemas de permanencia dixital. Acompanhar este inventário é participar no desdobramento dunha cartografía que se completa ao acadar a súa undécima manifestación ao final do ano.

Oportunidades de Adquisición

O Artefacto I inaugura a serie nunha edición limitada de 11 unidades. A posesión deste item é un marco de entrada na colección, garantindo a coleccionistas e entusiastas o dereito de preferencia (allowlist) nos lanzamentos das próximas 10 obras que integrarán o inventário de 2026.

  • On-chain (Tezos): Dispoñible para adquisición global vía [Teia.art].

  • Adquisición Directa: Modalidade exclusiva para coleccionistas e investigadores que optan pola axilidade da transacción directa e pola garantía de reserva inmediata da obra.

Para adquisicións directas, o envío do activo dixital para a carteira de quen adquire realizase após a confirmación. Entre em contacto para asegurar a súa edición: fluxonomade@gmail.com

bottom of page